martes, 19 de noviembre de 2019

DOCUMENTACIÓN PARA A FORMACIÓN INICIAL EDIXGAL



APLICACIÓN DE XESTIÓN DE CONTAS DE USUARIO

A aplicación de xestión de contas de usuario (contausuario) permítelle ao usuario realizar as xestións máis habituais relacionadas coa súa conta de usuario corporativa:
    • Solicitar un novo PIN
    • Activar ou desbloquear a conta
    • Modificar o contrasinal

  

CONEXIÓN Á REDE WIFI "EDU.XUNTA.ES"

WiFi "edu.xunta.es" permite a conexión desde calquera dispositivo autenticándose coas credenciais corporativas do propio usuario: "nome de usuario" e "contrasinal". A conexión a esta WiFi está dispoñible para todos os usuarios que teñan unha conta corporativa da Consellería de Educación, de acordo aos seguintes criterios:
    • O "usuario" e "contrasinal" son os mesmos que emprega para todas as aplicacións corporativas.
    • Non depende do centro educativo no que se atope senón unicamente da persoa que se conecta.
    • A conexión está, por tanto, asociada á persoa e non ao equipo co que accede.
  

lunes, 18 de noviembre de 2019

DOCUMENTACIÓN PARA A FORMACIÓN AVANZADA EDIXGAL

O deseño e os contidos deste curso parten da base do coñecemento por parte do usuario da documentación do curso de formación inicial EDIXGAL, polo que antes de iniciar este curso avanzado é recomendable que o usuario coñeza os contidos pertencentes ao curso de iniciación.
Este curso debe considerarse, polo tanto, como un complemento do curso EDIXGAL de iniciación.

sábado, 5 de octubre de 2019

O espazo E-Dixgal

Está á disposición de todos os usuarios o espazo "E-Dixgal" no portal EspazoAbalar, onde podemos atopar moita información sobre o proxecto e tamén acceder ás novas que periódicamente se van publicando sobre E-Dixgal.
O espazo E-Dixgal é un portal web en constante evolución.