lunes, 5 de diciembre de 2016

Epoptes

Os portátiles do Proxecto Abalar dispoñen dunha solución de xestión dos equipos da aula por parte do profesorado, Epoptes. Para mellorar a facilidade de uso desta ferramenta por parte do profesorado, o equipo da AMTEGA encargado dos sistemas no Proxecto Abalar,  simplificou ao máximo posible a súa configuración e uso, no ámbito das aulas Abalar instaladas nos centros públicos, para axustala ás necesidades da contorna na que se está a empregar. Así, realizáronse adaptación do produto orixinal para mellorar a reconfiguración dos servizos de DHCP dos servidores Abalar instalados nos centros para que os netbooks só se configuren unha vez ao longo do curso académico, ou a configuración do propio software nos portátiles para que os equipos se conecten a el sen maior configuración.


Os principais obxectivos do emprego desta ferramenta son:
  • No equipo do docente poderase previsualizar todos os escritorios dos equipos do alumnado
  • Poderanse realizar accións de maneira masiva ou para equipos puntuais, tales como:
    • Bloquear os equipos, mostrando nas pantallas afectadas un cadeado o cal non permite o uso do equipo
    • Enviar unha mensaxes aos alumnos
    • Opcións de control de enerxía (apagar, reiniciar?)
    • Visualizar a actividade dun alumno nun momento dado, así como tomar o control do mesmo. Movendo o rato e escribindo no equipo remoto
  • Creación de grupos de traballo coa finalidade de ter unha contorna organizada e que nos permitirá poñer un alcume a cada un dos equipos para a súa fácil localización

Lizazón para ver o manual: