miércoles, 8 de febrero de 2017

Abalar: Nova versión da maqueta Abalar Libre

Xa está dispoñible unha nova maqueta baseada nun sistema operativo Linux (Debian 8.5) válido para a maioría do equipamento enviado pola Xunta de Galicia, incluíndo as últimas dotacións. Esta imaxe non é válida para o equipamento das aulas do Proxecto Abalar dos centros públicos, xa que estes equipos están xestionados de xeito centralizado.
Ademais, esta maqueta non incorpora o software privativo, xa sexan drivers ou xeradores de recursos (NotePad, MultiClass, etc.) de encerados dixitais polo que, no caso de empregar esta imaxe para un equipo de aula e desexar empregar algunha destas ferramentas, será necesario descargar o sofware específico, privativo e correctamente licenciado do encerado dixital, ou empregar o driver e calibrador libres así como a ferramenta Open-Sankoré.
A maqueta, que non está restrinxida aos centros educativos, é libre e accesible, podendo escoller tres tipos de instalación: sinxela, avanzada e personalizada.
Tanto a descarga, como toda a documentación relacionada, así como as futuras revisións, estarán publicadas na Aula Abalar Aberta
Máis información:









viernes, 3 de febrero de 2017

VII Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a sétima edición do plan “Navega con Rumbo”, enmarcado dentro do proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo. Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa. As sesións están dirixidas preferentemente ao alumnado dos cursos 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar débese enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.es co asunto Navega con Rumbo antes do martes 21 de febreiro indicando:
  • datos do centro (teléfono, correo electrónico, capacidade da sala onde se impartirán as sesións)
  • datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  • cursos que van asistir e unha estimación do número de persoas