viernes, 3 de febrero de 2017

VII Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a sétima edición do plan “Navega con Rumbo”, enmarcado dentro do proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo. Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa. As sesións están dirixidas preferentemente ao alumnado dos cursos 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar débese enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.es co asunto Navega con Rumbo antes do martes 21 de febreiro indicando:
  • datos do centro (teléfono, correo electrónico, capacidade da sala onde se impartirán as sesións)
  • datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  • cursos que van asistir e unha estimación do número de persoas