jueves, 20 de septiembre de 2018

Formación E-Dixgal

cfr

Conexionado do equipamento
Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.
http://atio.es/eva/ficheiros/ficheiros/eva_dixital_xeneralidades.pdf


Pantalla principal


1. Cabeceira

A cabeceira está formada polos seguintes elementos:
  • Logotipo EDIXGAL: Ao facer clic sobre este logotipo volvemos á pantalla principal da plataforma EVA
  • Identificación do usuario: Na parte superior dereita da pantalla móstrase o nome do usuario e ao facer clic sobre él podemos ver a información do perfil
  • Menús principais da plataforma EVA: Idioma, O meu escritorio, As miñas materias, Ferramenta de Autor, Axuda

2. Barra de menú "destacados"

A barra de menú "destacados" contén os seguintes elementos:
  • Selector de "Ocultar / mostrar" barra de menú
  • O meu perfil, Mensaxes, Materias, Cualificacións, Axenda, A miña clase

3. Esquema da materia

O esquema da materia, situado no centro da pantalla está dividido en seccións ou temas, que están destinados a conter os distintos recursos e actividades asignados a cada tema. Sempre hai un tema 0 ou tema inicial, onde está situado normalmente o "Foro de novas".
Desde o menú de administración da materia podería seleccionarse a opción de mostrar unha páxina por cada tema, co fin de non ter un esquema do curso demasiado longo.
Dentro dos temas, cada recurso ou actividade contén unha icona identificativa do tipo de elemento e un nome e un nome que lle serve de enlace ao propio recurso ou actividade. Poden aparecer etiquetas, que son un tipo de recurso que permiten amosar texto e cualquera outro tipo de contido directamente no esquema da materia (temas).

4. Columna de bloques

No lado dereito do esquema da materia (temas) aparecen os bloques. Os bloques conteñen ferramentas que apoian e facilitan o desenvolvemento da materia, así como ferramentas de xestión e configuración. Os bloques pueden moverse e eliminarse para adaptalos ás necesidades do curso e da materia. Ademáis, hai numerosos bloques dispoñibles que poden engadirse fácilmente ao activar o Modo Edición.

5. Botón edición

O botón edición, situado na parte superior dereita da pantalla (encima da columna de bloques) permite activar/desactivar o modo edición.
Este "modo edición" activa e mostra diversas ferramentas de configuración da materia.

domingo, 9 de septiembre de 2018

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.



O profesorado que imparte en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premiun para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado,  e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades uso e as pautas a un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta neste novo Servizo.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acurtar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestrutura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha dúas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/proxecto-e-dixgal-servizo-premium-de-atencion-soporte-e-acompanamento

martes, 4 de septiembre de 2018

Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.

Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal 

miércoles, 29 de agosto de 2018

Las aulas gallegas estrenan 5.400 ordenadores Se dotarán de libros electrónicos a aulas de quinto y sexto de primaria y primero y segundo de ESO de 267 centros

Las aulas gallegas estrenan 5.400 ordenadores

Se dotarán de libros electrónicos a aulas de quinto y sexto de primaria y primero y segundo de ESO de 267 centros

Las aulas gallegas contarán este año con 5.400 nuevos ordenadores portátiles de la firma HP para completar y modernizar el programa E-Dixgal, que supone dotar de libros electrónicos a las aulas de quinto y sexto de primaria y primero y segundo de ESO de 267 centros educativos de la comunidad. 

Esto implica que hay unos 18.000 alumnos que carecen de libros de texto en papel y acceden a la información a través de los ordenadores portátiles, que pueden llevar a casa.Para el curso que ahora empieza se han sumado nada menos que 114 nuevos centros (tanto públicos como concertados), un 70 % más que el año pasado. Según los datos de la Consellería de Educación, del total de centros, 108 son de la provincia de Pontevedra (41 nuevos en este curso que ahora empieza), 91 de la de A Coruña (38 nuevos), 49 de Lugo (29 nuevos) y 19 de Ourense (11 nuevos). Los centros adscritos por primera vez ofrecen primaria (66 de ellos), secundaria (41) y ambas etapas se dan en 11 centros.

Los equipos de HP, que ya empezaron a repartirse el año pasado, disponen de un procesador de última generación de alto rendimiento, que permite utilizar los programas, contenidos digitales y herramientas más avanzadas. Además, están dotados de una pantalla táctil para ser utilizados como tableta, y un lápiz apuntador de gran utilidad en la dinámica de la educación con soporte digital. La empresa viguesa Sivsa se encarga de la distribución y mantenimiento de los 5.400 ordenadores nuevos. 

La Xunta comenzó a llevar ordenadores a las aulas en el curso 2011/12, aunque E-Dixgal (primaria y secundaria) surgió en el 14/15 y fue el curso pasado cuando el programa dio un salto en calidad y cantidad.

domingo, 5 de agosto de 2018

114 novos centros incorporan o libro dixital no vindeiro curso 2018/19, con 18.000 alumnos beneficiados en toda Galicia

A Consellería de Educación dálle un novo impulso ao proxecto E-Dixgal, enmarcado na Estratexia galega de educación dixital 2020, cun total de 267 centros, un 70% máis que o pasado curso

Un total de 114 novos centros sostidos con fondos públicos incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 267 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos, un 55% máis. Todos eles -estudantes de  5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva –que se pode consultar neste enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_edixgal_definitiva.pdf– na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso.
Do total dos 267 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (38 novos para o vindeiro curso), 49 de Lugo (24 novos), 19 de Ourense (11 novos)  e 108 de Pontevedra (41 novos). Por ensinanzas, do total de 114 novos centros, 66 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 41 en Secundaria e outros 11 fano en Primaria e Secundaria.
Estes datos mostran o forte impulso que o departamento educativo da Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de realizar no E-Dixgal. O proxecto naceu como experimental no curso 2014/15 coa intención de proporcionarlle aos centros da rede Abalar un proxecto integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital mediante a incorporación de materiais específicos. Deste xeito, no vindeiro curso, o 27% dos centros de ensino obrigatorio públicos contan con proxectos de educación dixital, 17 puntos porcentuais máis que no curso 2014/15, cando arrancou esta iniciativa con carácter experimental e que agora se consolida.
Unha vez finalizado o carácter experimental do proxecto, e consolidado no seu procedemento, optouse por darlle un novo impulso mediante a súa ampliación, así como flexibilizando algúns dos requisitos. Deste xeito, na convocatoria deste ano reforzouse o proxecto en ESO cun plantexamento máis flexible e adaptable, posto que require un mínimo de seis materias no modelo dixital, mentres que ata agora se incluían todas as materias na iniciativa.
Tamén cómpre lembrar que, ata o momento, para acceder a este programa era necesario que os centros participaran no proxecto Abalar. A partires de agora subminístrase o equipamento informático necesario –fundamentalmente ultraportátiles para os alumnos– aos centros que non conten con el. De feito, a Xunta de Galicia realizou este ano a renovación dos equipos dos centros E-Dixgal, o que supuxo o reparto de máis de 13.000.

Edudixital 2020

Continúase así co despregamento do libro dixital no ensino galego, enmarcado na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300 centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21.
Cómpre lembrar que os centros que se incorporan este curso poderán beneficiarse desde o inicio das novidades do programa, tales como a incorporación dun novo provedor de contidos, aulaPlaneta, que se sumou a Netex e Edebé. Ademais, estará dispoñible o centro de produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.
Tamén neste curso se activará  o Servizo de Soporte Premium para as familias, alumnado e profesores dos centros educativos implicados na iniciativa, que ofrecerá tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online); in situ, con desprazamento ao lugar do incidente, e a través de puntos físicos de atención.
Os máis de 1.500 profesores, 18.000 alumnos e as súas familias dispoñerán dunha única vía de atención para todas as cuestións relacionadas co uso do libro dixital a través de varias canles (teléfono, correo electrónico, web, app no móbil...), as 24 horas do día os sete días da semana. O novo servizo contempla, como novidade, que o soporte se preste no domicilio da familia ou o docente para aqueles incidentes que requiran unha atención presencial.

Plan de formación propio

Cómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. De feito, todos os centros contan cun plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado.
Para o vindeiro curso 2018/19, ademais deste plan, en todos os Centros de Formación e Recursos (CFR) e no CAFI realizaranse cursos presenciais de iniciación e de profundización no manexo da contorna EVA E-Dixgal dirixida a todo o profesorado. Levaranse a cabo tamén diversas xornadas de actualización pensadas para aquelas persoas que realizan as funcións de coordinación do proxecto E-Dixgal nos centros educativos.
Ademais, ditos plans incorporan unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.

lunes, 16 de julio de 2018

111 novos centros incorporan o libro dixital no vindeiro curso 2018/19, con 18.000 alumnos beneficiados en toda Galicia

Un total de 111 novos centros escolares incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 264 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos (40% máis que o pasado curso). Todos eles -estudantes de  5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución, aínda provisional, (que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25543 ) na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso.
Do total dos 264 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (37 novos para o vindeiro curso), 47 de Lugo (22 novos), 19 de Ourense (11 novos)  e 107 de Pontevedra (40 novos). Por ensinanzas, 162 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 73 en Secundaria e outros 29 fano en Primaria e Secundaria.

Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019

Xúntase a Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019