miércoles, 13 de mayo de 2015

E- DIXGAL - Curso 2015-2016

A Consellería de Cultura e Educación abre o prazo para que os centros soliciten incorporarse ao proxecto de libro dixital 'E- DIXGAL' 

O obxectivo é que a iniciativa chegue este curso a 7.000 alumnos de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO Os materiais, completamente gratuítos para as familias, serán de acceso online e offline

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o prazo para que os centro soliciten incorporarase ao proxecto de libro dixital E- DIXGAL, enmarcado no Proxecto Abalar, estratexia para integración das TIC no ensino desenvolvida pola Xunta de Galicia. O obxectivo é que no vindeiro curso 2015/2016 os materiais dixitais, que son totalmente gratuítos para as familias, cheguen a un total de 7.000 alumnas e alumnos de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO.
Poderán participar no procedemento de selección desta nova convocatoria os centros de ensino adscritos á rede Abalar que impartan o vindeiro curso 5º de Primaria ou 1º de ESO. Para solicitaren a súa participación na iniciativa terán que presentar un proxecto no que indiquen as experiencias TIC desenvolvidas no centro, así como os seus obxectivos e logros acadados ata o momento no desenvolvemento da dixitalización do ensino, entre outros factores. Ademais, os centros terán que propoñer a unha persoa coordinadora do E-DXIGAL, preferentemente con experiencia no desenvolvemento de metodoloxías dida´cticas innovadoras, nas TIC e na organización de grupos de traballo.
O prazo para cursar a solicitude estará aberto ata o 12 de xuño. Os requisitos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150511/AnuncioG0164-050515-0002_gl.html

Plataforma virtual


Os contidos didácticos albérganse nunha plataforma de aprendizaxe virtual á que os alumnos poden acceder tanto de xeito online como offline a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Nesta plataforma, os centros que o desexen, poderán analizar unha mostra dos novos contidos dispoñibles para este curso.
No presente curso xa gozan destes materiais un total de 2.300 estudantes de 5º de Primaria de 84 centros educativos de toda Galicia.


ESCOLATIC 2015

martes, 6 de enero de 2015

Editoriais

5º Curso


6º Curso



Actividades interactivas Lengua 5º
(Recopilación CEIP Quiroga: Vicente Rodríguez)

ctividades interactivas Lengua 5º:


Actividades interactivas Matemáticas 5º:

Actividades interactivas Coñecemento do Medio 5º:

Actividades interactivas Lengua 6º:

Actividades interactivas Matemáticas 6º:

Actividades interactivas Coñecemento do Medio 6º:

lunes, 8 de septiembre de 2014

EDIXGAL


Co obxectivo de por en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-DIXGAL arranca este curso 2014/2015, incorporando a máis de 2.300 alumnos de 5º de primaria de 84 centros Abalar que se adscribiron á iniciativa. 
Docentes e alumnos dos centros implicados desenvolverán a súa actividade educativa diaria nunentorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º de primaria de dous provedores, a editorial EDEBÉ e a empresa de contidos dixitais Netex.
Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.106 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
Os alumnos poderán acceder ao material seleccionado polo profesor tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline).Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede. 
A posta en marcha desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado, que desde o luns 8 de setembro terán á súa disposición na propia plataforma cursos de teleformación orientados a cada un dos perfís sobre o uso e vantaxes da plataforma.
O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet sempre que se faga uso das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Porén o alumno que así o desexe, ten a posibilidade de utilizar tamén na súa casa o netbook (ordenador portátil) que emprega na clase, para o que deberá  solicitar no seu centro un formulario de préstamo do mesmo, que devolverá asinado no prazo máis breve posible.
A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumno. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso dilixente do equipamento, ao coidado dun equipo público, que poderá ser usado noutros cursos por outros alumnos, e a unha utilización vinculada á actividade educativa para a que é cedido