martes, 16 de mayo de 2017

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 33 novos recursos educativos dixitais

 repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 33 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.972 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os contidos proceden de:
Da actualización da unidade didáctica dentro do "Proxecto 1: Violencia machista"  en lingua castelá da docente Felisa Redondo Valín para o alumnado da ESO e bacharelato que usou o procedemento de cesión de dereitos:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Roberto Alhambra Sánchez  cun xogo de rol para o alumnado de 5º de primaria na área de ciencias sociais:
Da licenza de formación no curso 2015/16 de Cristina González Treceño consistente nun xogo de preguntas e respostas en HTML5 sobre imaxes relevantes da historia da arte.
Está pensado como recurso educativo na aula de plástica e permite elixir idioma: castelán, galego ou inglés:
(este recurso é unha continuación de outro da mesma autora para secundaria:  Testearte ).
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Antonio Domínguez Carlos Novo consistente nun curso para o uso de "Open Orienteering Mapper": software de creacción de mapas específicos de orientación deportiva libre e de código aberto. É compatible con windows, linux, Mac e android. Ao final do curso podemos descargar a copia de seguridade para restaurar na aula virtual Moodle do noso centro:
Da licenza por formación no curso 2015/16 “Geometría de la ESO con Geogebra “ realizada por Mª América Fernández Míguez  en Geogebra e Exelearning para a área matemática en 2º da ESO:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Pablo Trashorras de la Fuente con videotitoriais "Tutomate" dos contidos de matemáticas para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Javier Jurado e Juan Casado formada por unha Aula Virtual con unidades didácticas para a materia de Educación Musical en 5º de Primaria. Ao final da aula hai unha copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle do centro:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Jesús A. García Rañales formada por un ODE que pretende derribar o muro ao que se enfrenta o alumnado da ESO: a distancia entre as "matemáticas da clase" e o que soemos denominar como "mundo real":
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Damián Guede Otero formado por un curso Moodle con temario da material de "Lengua castellana y literatura" en 1º de Bacharelato. Inclúe ligazón coa copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle dos centros:
Actualización do recurso "E tí de onde ves sendo?" de Mª Pilar Buela Piedra e Juan Carlos Montejano Rivas no que traballamos os topónimos, tipos de topónimos e clasificación, así como a relación entre a toponimia e a paisaxe, a poboación e a lingua:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Francisco Sánchez Sánchez e Nuria Garabal González “GaLiZa ExPréSS: unha viaxe matemática a través de 13 rutas máxicas”. Trátase dun proxecto de carácter lúdico-educativo que engloba unha serie de actividades de aprendizaxe integradas relacionadas coa aplicación das matemáticas en situacións reais:
(na seguinte actualización do repositorio publicaremos as 6 rutas restantes)
Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Manuel Viñas Diéguez consistente nunha aula virtual formada por actividades de investigación útiles para alumnos de ESO. As actividades seguen o método indagativo, que ensina a ciencia facéndose preguntas e tentando respondelas seguindo o método científico:
Da licenza por formación no curso 2013/14 e no presente curso académico 2016/17 de Miguel Fernández Acebedo "Da pauta á frauta" e "Da pauta á orquestra". O principal obxectivo de este proxecto é proporcionar tanto a mestres como alumnos un método eficaz para enfrontarse a unha partitura, amosando os pasos a dar para conseguir executala de forma vocal e instrumental. A aula virtual inclúe copia de seguridade para restaurar en Moodle:
Dos traballos realizados por Aurora Gay Méndez  (que usou o procedemento de cesión de dereitos) para conmemorar a figura de Carlos Casares (Letras galegas 2017), así como outros traballos de pregunta-resposta en flash:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de María Segura Espinosa  consistente nunha aula virtual cun curso de Bioloxía e Xeoloxía para 1º ESO. Inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles Android e en formato SCORM sobre os ecosistemas mariños de Galicia:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Luis Río Silva formado por 19 libros dixitais "Proxecto Olimpus"  en galego e castelán da área de Educación Física de Educación Primaria, dirixido ao alumnado de 6º nivel:
(na seguinte actualización publicaremos os 17 libros restantes do "Proxecto Olimpus")
Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

lunes, 3 de abril de 2017

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.939 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

miércoles, 8 de febrero de 2017

Abalar: Nova versión da maqueta Abalar Libre

Xa está dispoñible unha nova maqueta baseada nun sistema operativo Linux (Debian 8.5) válido para a maioría do equipamento enviado pola Xunta de Galicia, incluíndo as últimas dotacións. Esta imaxe non é válida para o equipamento das aulas do Proxecto Abalar dos centros públicos, xa que estes equipos están xestionados de xeito centralizado.
Ademais, esta maqueta non incorpora o software privativo, xa sexan drivers ou xeradores de recursos (NotePad, MultiClass, etc.) de encerados dixitais polo que, no caso de empregar esta imaxe para un equipo de aula e desexar empregar algunha destas ferramentas, será necesario descargar o sofware específico, privativo e correctamente licenciado do encerado dixital, ou empregar o driver e calibrador libres así como a ferramenta Open-Sankoré.
A maqueta, que non está restrinxida aos centros educativos, é libre e accesible, podendo escoller tres tipos de instalación: sinxela, avanzada e personalizada.
Tanto a descarga, como toda a documentación relacionada, así como as futuras revisións, estarán publicadas na Aula Abalar Aberta
Máis información:









viernes, 3 de febrero de 2017

VII Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a sétima edición do plan “Navega con Rumbo”, enmarcado dentro do proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo. Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa. As sesións están dirixidas preferentemente ao alumnado dos cursos 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar débese enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.es co asunto Navega con Rumbo antes do martes 21 de febreiro indicando:
  • datos do centro (teléfono, correo electrónico, capacidade da sala onde se impartirán as sesións)
  • datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  • cursos que van asistir e unha estimación do número de persoas

martes, 17 de enero de 2017

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 30 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 30 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.911 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
       

lunes, 5 de diciembre de 2016

Epoptes

Os portátiles do Proxecto Abalar dispoñen dunha solución de xestión dos equipos da aula por parte do profesorado, Epoptes. Para mellorar a facilidade de uso desta ferramenta por parte do profesorado, o equipo da AMTEGA encargado dos sistemas no Proxecto Abalar,  simplificou ao máximo posible a súa configuración e uso, no ámbito das aulas Abalar instaladas nos centros públicos, para axustala ás necesidades da contorna na que se está a empregar. Así, realizáronse adaptación do produto orixinal para mellorar a reconfiguración dos servizos de DHCP dos servidores Abalar instalados nos centros para que os netbooks só se configuren unha vez ao longo do curso académico, ou a configuración do propio software nos portátiles para que os equipos se conecten a el sen maior configuración.


Os principais obxectivos do emprego desta ferramenta son:
  • No equipo do docente poderase previsualizar todos os escritorios dos equipos do alumnado
  • Poderanse realizar accións de maneira masiva ou para equipos puntuais, tales como:
    • Bloquear os equipos, mostrando nas pantallas afectadas un cadeado o cal non permite o uso do equipo
    • Enviar unha mensaxes aos alumnos
    • Opcións de control de enerxía (apagar, reiniciar?)
    • Visualizar a actividade dun alumno nun momento dado, así como tomar o control do mesmo. Movendo o rato e escribindo no equipo remoto
  • Creación de grupos de traballo coa finalidade de ter unha contorna organizada e que nos permitirá poñer un alcume a cada un dos equipos para a súa fácil localización

Lizazón para ver o manual:

sábado, 22 de octubre de 2016

Abalar: Formación webinars: explotación de los recursos didácticos de las unidades de la Editorial Netex

La Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria y la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA) organizan dos webinars de los contenidos de la Editorial Netex, enmarcado dentro del Proyecto E-dixgal
El objetivo fundamental de estos relatorios online, que se van a celebrar los próximos días 26 y 27 de octubre a partir de las 18:00 hs, es ahondar en el modelo pedagógico de los contenidos y recursos de esta Editorial.
Los principales temas que se van a tratar son:
-    Conocer cómo se conciben las actividades (interactivas y no interactivas) y como sacarles el máximo partido.
-    Conocer como sacar el máximo partido del proyecto interdisciplinar que se presenta, que son las rúbricas de avaluación para el alumnado y para el docente y como emplearlas.
-    Ver la explotación didáctica de las actividades (interactivas y no interactivas) y como orientarlas para que se conviertan en actividades de refuerzo o ampliación.
-    Mostrar los recursos que contiene cada unidad y que orientación pedagógica se le puede dar para atender a la diversidad del aula.
-    Explicar qué herramientas tienen los docentesa  su disposición para trabajar los contenidos.
Estas y otras cuestiones serán trabajadas en estos cortos webinars sobre los contenidos editoriales que ofrece Netex dentro del proyecto E-dixgal. Además los docentes que intervengan podrán plantear las dudas que tengan sobre cualquier cuestión de estos contenidos.
El webinar para los docentes que imparten en Educación Primaria será el día 27 a las 18.00 hs, mientras que para el profesorado de Educación Secundaria será el día 26 a las 18.00 hs
Todos los participantes deberán registrarse a través de los siguientes enlaces (sólo indicar nombre, apellidos y correo electrónico):

miércoles, 19 de octubre de 2016

Nueva funcionalidad en los equipos Abalar que permite restaurar el escritorio

La activación del menú contextual en el escritorio de los equipos Abalar permite al alumnado y profesorado: crear accesos directos a las aplicaciones o archivos, cambiar el fondo de escritorio, aumentar el tamaño de las fuentes, etc. lo que supone una personalización del escritorio.
Estas características están gestionadas por el sistema de actualización, de tal manera que cuando se actualice y reinicie el equipo, este volverá a mostrar el aspecto corporativo tanto en la imagen de fondo como en las fuentes pero manteniendo los accesos directos creados.
En el caso de querer revertir de forma inmediata y no querer esperar a actualizar o reiniciar el equipos, se ponen la disposición de los usuarios un sistema de restauración de estos elementos. Dicta opción se puede encontrar en el menú Sistema, "Restaurar Escritorio".

domingo, 16 de octubre de 2016

Epoptes, una herramienta de control de aula en los centros del Proyecto Abalar

Los portátiles del Proyecto Abalar disponen de una solución de gestión de los equipos del aula por parte del profesorado, Epoptes. Para mejorar la facilidad de uso de esta herramienta por parte del profesorado, el equipo de la AMTEGA encargado de los sistemas en el Proyecto Abalar, simplificó al máximo posible su configuración y uso, en el ámbito de las aulas Abalar instaladas en los centros públicos, para ajustarla a las necesidades del entorno en la que se está empleando. Así, se realizaron adaptación del producto original para mejorar la reconfiguración de los servicios de DHCP de los servidores Abalar instalados en los centros para que los netbooks sólo se configuren una vez a lo largo del curso académico, o la configuración del propio software en los portátiles para que los equipos se conecten a él sin mayor configuración.
Los principais objetivos del empleo de esta herramienta son:
  • En el equipo del docente se podrán previsualizar todos los escritorios de los equipos del alumnado
  • Se podrán realizar acciones de manera masiva o para equipos puntuales, tales como:
    • Bloquear los equipos, mostrando en las pantallas afectadas un candado lo cual no permite el uso del equipo
    • Enviar un mensaje a los alumnos
    • Opciones de control de energía (apagar, reiniciar…)
    • Visualizar la actividad de un alumno en un momento dado, así como tomar el control del mismo. Moviendo el ratón y escribiendo en el  equipo remoto
  • Creación de grupos de trabajo con la finalidad de tener un entorno organizado y que nos permitirá poner un apodo la cada uno de los equipos para su fácil localización.

El manual está disponible en el Aula Virtual Abierta de espazoAbalar: